10 abril 2018

Peña + Autumn Comets



autumn

Sábado 14 de abril ás 20.30

Este sábado 14 temos unha noite máxica, da man dos madrileños Autumn Comets e dos nosos queridos Peña:

Peña, o rumor dun río que contempla a transformación dun pobo en cidade, o edificio estatal abandoado, a estrada que se deixou a medias, o parque onde xa non xogan nenos… tamén os brotes de herbas e flores nesa estrada, o xesto amable dun vello nun pobo no medio da viaxe, o silencio risoño e pracenteiro cando voltas do roteiro polo monte… unha oportunidade magnífica para asistir a este anaquiño de beleza da man de Toño Rodríguez Magariños (diola, MB), Elena Vázquez (Trilitrate, Cuarteto Dumka) e Rubén Abad (Cró!, Es Un Árbol, Trilitrate).
Escoita estes dous magníficos singles que teñen:


Autumn Comets veñen amosarnos a beleza do camiño, as melodías envolventes, ambientes que te atrapan nun soño no que te podes ver camiñando entre árbores laranxas, elevándote a un clímax espiritual nos seus crescendos…tocar a paz, en fin, son parte dos escenarios que crean.
Levan xa 10 anos nesta carreira musical, con 5 álbumes ás súas costas, veñen presentando o seu último “Realejo”, e deciden pasar pola nosa casa mutante para facernos soñar. Escoita estas xoias da paz:



Ven desfrutar destas dúas bandas, para redescubrir o amor/amizade, no noso Panteón Mutante, achegando un donativo de entre 5 e 8 euros a túa elección, íntegro para as bandas.