Éste sábado 7 ás 21.30 volve o teatro ao Liceo da man de DELIRAR TEATRO, unha compañía nova que ten moito que dicir! Natalia Ibáñez, Luis Pequeno, Andrea Lorenzo forman o elenco, baixo a dirección de Alba Grande.
Sinopse:
Unha parella de irmás atopan a Antonio, o taxista que as levou a casa. Convídanos a subir á vivienda, e Antonio acepta seguro das súas expectativas. Mais unha vez máis, o mundo confuso e perverso, e esaxeradamente hospitalario e divertido deseas dúas mulleres atrapará a Antonio nunca situación da que non sabemos se poderá saír.
Duración 20-30min
A contribución será a que vós estimedes dentro do bote!
Planazo! Agardámosvos a todos!