24 agosto 2015

Pequeño Paraíso no Liceo Mutante



pequeño paraiso

Este sábado 22 de agosto temos a honra de convidarvos a un evento magno que tiña que se celebrar nunha fermosa vila preto de Touro, pero que por mor das inclemencias atmosféricas, decidiuse reubicar baixo o teito do Liceo. Trátase do Pequeño Paraíso, un fastival celebrativo da amizade argallado por Juan Esturao e Camila Viétez, Cosmonautas Tropicales e grandes camaradas do Liceo Mutante.

Alí, na vila de Foxás, o plan era facer acampada e disfrutar do marco incomparable de maceiras, fentos e torres de altofalantes para ver a unha selección de artistas de gran calado emocional e, sorpresa, todos ben vencellados ao Liceo. Que somos todos xente da casa, vaia. Lobishome, Los Collares de Perlas, Aries + Aborigen (feat. Pelucas) e Monstruo traducirán as apertas de amizade en ondas sónicas que nos porán a todas a andar, a bailar e a decatarnos do afortunados que somos por ter a esta xente facendo cousas preto de nós.

Monstruo: https://www.youtube.com/watch?v=6M189mSKCCM

Lobishome: https://www.youtube.com/watch?v=bg-E9jubROE

Los Collares de Perlas: https://www.youtube.com/watch?v=Bp3e-ooM8w4

Aries + Aborigen: https://www.youtube.com/watch?v=2YnQpfYI5bA + https://www.youtube.com/watch?v=exQ4s6ohDsQ

Así que, o que é unha desgracia para Foxás convértese nunha beizón para a nosa asociación. Vinde disfrutar dun dos eventos grandes do verán connosco. Catro actuacións siderais e o xeito que lle poñemos sempre.

Todo isto por 6€ que irán íntegros para as bandas

Apertas pequenas e paradisíacas