8 octubre 2016

Perro + Monrovia



aperro

Incontables maquetas e EPs, dous discos e varias xiras por festivais do país tiveron que pasar para que Perro volveran caer por salas galegas. Esta vez veñen a obrigarnos a bailar e suar en dous espazos punteiros da música alternativa: o Liceo Mutante de Pontevedra e a Nave 1839 da Coruña.

Virán presentando a súa particular travesía dende Sonic Youth ata Betunizer pasando por Les Savy Fav, materializada no seu último traballo, «Estudias, Navajas», ademais de remover os seus hits eternos daquel «Tiene Bacalao, Tiene Melodía» de debut.

https://perro.bandcamp.com/

Estarán acompañados polas pontevedresas e debutantes Monrovia. Violeta, Nico e Laura (con membras de Bala, Lysergic Project, Querido Extraño, Cora Sayers…) van estrear en primicia o seu transitar polos sendeiros do rock progresivo, pero ensinando os dentes e afiando as uñas!

Ven 7 out +++ Liceo Mutante, Pontevedra +++ con Monrovia
20.30 +++ 6€

Guardar