31 agosto 2015

Petr Vrba + Javier Saso + Alexandre Losada + Luis Garrido



cartel2

Temos preparada unha noite moi especial para este primeiro sábado de setembro coa visita deste abrasivo cuarteto.

Trompeta, saxo, guitarra, tocadiscos, un vello vhs, muelles e todo tipo de obxectos e material de refugallo son as fontes sonoras deste proxecto baseado na improvisación libre e na exploración tímbrica que fan de cada concerto unha experiencia única.

Dende a capital da República Checa chega Petr Vrba, un dos músicos europeos máis inquedos e arriscados.
Javier Saso vén da meseta cos seus estranos, obsoletos e ruidosos cacharros.
Luis Garrido e Alexandre Losada son a representación local do cuarteto, ambos fan parte de Urro e levan anos explorando as posibilidades sonoras da improvisación libre.

http://www.vrrrba.cz/
http://javiersaso.tumblr.com/




Pedírase unha axuda de só catro euros para que os músicos podan continuar a súa xira. Coma sempre, haberá comestibles e bebibles aos prezos máis populares de ambas as beiras do Lérez