13 junio 2016

Phonopticon



Phonopticon

Martes 14 de xuño ás 20.30

Ola amig@s!!
Estamos moi content@s de poder anunciar a visita do Phonopticon ao Liceo Mutante nun dos concertos máis especiais que teremos a sorte de gozar.

O Phonopticon é un modelo de creación e representación sonora colectiva inspirado na arquitectura do Panopticon, un edificio proxectado por Jeremy Bentham no século XVIII, onde unha torre central ten unha visión de 360 graos sobre as celas de prisioneiros que estaban dispostas en círculo. Conceptualmente, porén, as ideas de control e poder contidas no Panopticon son substituídas por representacións sonoras, libres e abstractas na súa esencia, que atopan distintos significados nos procesos de reflexión individual desencadeados en cada oínte.
O Phonopticon é un espectáculo onde son exploradas novas formas de expresión nas áreas da composición, interpretación e espacialización electroacústica, recorrendo á construción de novos instrumentos acústicos e electrónicos como elemento fulcral en todo o proceso de creación. En termos escénicos, o Phonopticon reúne no centro unha serie de fontes sonoras (instrumentos acústicos, eléctricos e altofalantes) que poden ser visualizadas por toda a audiencia, disposta concentricamente. A audiencia é aínda envolvida por un conxunto de altofalantes dispostos nos límites do círculo envolvente.

Pedírase un donativo de só 5 euros para que o Phonopticon poda continuar o seu camiño