11 febrero 2019

Picastro + Thérèse



picastro

Xoves 16 de febreiro ás 20.30

O xoves 14 de Febreiro si que temos un día para namorarse, pero nada desas merdadas do amor romántico con bombóns, rosas ou perdices! Ven regalarte unha noite de beleza e amor normal no Liceo Mutante, da man de Picastro e Thérèse! E ademais haberá cea vegana!

Picastro veñen dende Estados Unidos para celebrar nesta xira a saída do seu próximo disco “Exit”. Liderados pola vocalista, guitarrista e cantautora Liz Hysen (xunto a Nick Storring, Matthew Ramalo-Khora e Germaine Liu), Picastro levan sendo unha forza activa na escena musical de Toronto durante máis dunha década.
En “Exit” Liz xoga cos roles e as expectativas do creador como eixo central da súa manifestación artística. Auséntase de xeito sistemático das súas propias historias, convocando a cantantes que contribúen na súa interpretación. O disco presenta a múltiples vocalistas invitados, incluíndo a Jamie Stewart (Xiu Xiu), Tony Dekker (Great Lakes Swimmers), Adrian Crowley, Caleb Mulkerin (Big Blood), Alex Mackenzie (Petra Glynt) e Chris Cummings (Marker Starling).

Mentres a música mantense en continuidade co traballo previo da banda, Liz renuncia ao seu rol como cantante e creadora de historias, adoptando inclusive pronomes masculinos na súa escritura.
Deixando que estas visións alternativas se desenrolen libremente, Picastro explora de que xeito música e narrativa mutan dependendo da voz que as articule.

Prepárate para o disco que está en camiño e escoita mentres os seus dous últimos traballos, a beleza…!
https://picastro.bandcamp.com/


https://picastro.wordpress.com/

Thérèse ven presentando “Un paseo por el campo”, o seu novo LP sacado con Repetidor Disc, e que poderemos desfrutar o 8 de Febreiro.
Tras militar nunha das máis míticas bandas do medio levante español, Método Milton, e por motivos que trascenden o alineamento cósmico, Nerea Lecue enfundouse por primeira vez este, o seu alter ego máis íntimo e liberador, en 2005, Thérèse. En 2008 publica o seu primeiro EP “Nadadores”, e en 2011 o seu primeiro álbum, “Impermeable”, ambos baixo o selo estadounidense Don’t Trust The Ruin.

Agora, volve cun segundo e fascinante álbum, “Un paseo por el campo”.
Texto, logo música: Coa “idea Earbait” (proxecto colectivo creado na súa estancia en Portland xunto coa banda Cerberus Shoal, no que alguén compoñía unha canción, ao resto só se lles daba a letra e cada un tiña que facer a súa porpia versión con ela) como método de composición, Thérèse elaborou un álbum que parte do sarcasmo como tecido de interpelación coa imaxe representada. Grotesco, extremo, contraditorio e por momentos fermoso e inexplicable, o seu verbo é capaz de somatizar a hostilidade allea nun tumor desproporcionado, de incubar unha criatura á nosa imaxe e semellanza.

Escoita Thérèse!
https://therese.bandcamp.com/

http://www.repetidordisc.com/es/bandas.php

Ven namorarte da vida, neste lugar de amor mutuo na ría de Pontevedra, aportando un donativo de entre 5 e 10 euros íntegro para as artistas, para que poidan seguir creando beleza sempre, vémonos no Liceo!

Cartaz do gran Daniel LunaSol!