4 marzo 2019

Piloot e Rastrejo



Microsoft Word - front cover.docx

Mércores 6 de marzo ás 20.30

PILOOT é un proxecto belga formado por Jean-Philippe De Gheest (batería de Mark Lanegan entre outros mil proxectos), Florian Guibert e Cyrille de Haes.
Virán a presentar “GYRE”, a súa terceira referencia, publicada en Mascarpone Discos e á que lle podedes botar unha orella no bandcamp:

https://mascarponediscos.bandcamp.com/album/gyre

Tras o seu primeiro LP homónimo en 2017 e o EP “Recuerda tu futuro” publicado o ano pasado, agora presentan o seu segundo LP “Gyre” onde cada vez pódese apreciar máis a conexión entre estes tres grandes músicos, amantes da creación instantánea e a experimentación máis pura. Son unha das propostas máis interesantes que xurdiron en Bélxica nos últimos tempos, pola súa variedade de recursos e a súa riqueza sonora. Unha viaxe entre o ambient astral e o caos estático que che deixa arremolinado en paisaxes sonoras caleidoscópicos.

Actuando sempre no chan rodeados polo seu público, o trío mergulla aos oíntes nunha experiencia hipnótica e fluctuante onde o drone, a electrónica, o jazz, o kraut-rock, o ambient… mestúranse e remezclan para desencadear un climax libre e único.

Nesta xira veñen da man do querido Jose Guerrero (Betunizer, Cuello, Jupiter Lion) co seu proxecto de electrónica bizarra RASTREJO.
Podedes escoitar o seu último traballo titulado “El placer” aquí:
https://mascarponediscos.bandcamp.com/album/el-placer

Acompañádenos na que será unha noitiña de mércores memorable no Liceo Mutante, na rúa Rosalía de Castro nº 100 en Pontevedra. O donativo para sufragar os gastos das bandas é unha aportación entre 5 e 10 €