Domingo 10 de novembro ás 18.00
Chegou!
Celebración! Esmorga! Coresma!
De novo, domingo, e de novo, eleccións. Unha vez que te acostumas, é incluso lúdico. Adáptalo ao teu ritmo de vida, mírao como parte da túa rutina, convértese nun momento para desfrutar, xuntarse cos colegas e poñer unha sonrisa de Coca Cola. Ahí, pouco a pouco, un traballo de fondo. Pode ser practicamente a mesma cousa que antes, pero non exactamente, ¿non?, sempre hai matices. A clave é non perder a fe. Como di a canción:
“Non, non.
Non todo é o que parece, amigo.
Hai que pensalo moi ben.”
Foliada electoral! Magosto electoral!
Total, que a cousa é chorar ou facer o que sexa. O domingo o Liceo abre as portas as seis para quen queira contemplar o proceso xa dende media tarde entre colegas e musiquela. Haberá DJ’s demócratas, lista de peticións de temazos, cousiñas para picar, refrixerios, e o reconto proxectarase na parede. Canle televisivo todavía por determinar. Entrada gratuíta.
“Ai, ai.
Ás veces mete-la pata, tío
e todo sae ó revés.”