5 noviembre 2013

Piwi Bizarre Tech + Arsian (GRAN MAGOSTO DO LICEO MUTANTE)



O vindeiro sábado 9 de novembro, aproveitando a visita de Piwi Bizarre Tech e de Arsian, celebraremos o noso xa tradiconal magosto, con castañas e chourizos a prezos populares. Pero falemos antes da música:

PIWI BIZARRE TECH
Devastación e desolación a partes iguais, metal industrial e ambient oscuro fusionanse en Piwi Bizarre Tech (A Coruña), alter ego de Alfredo Iglesias. Como persona e víscera tras do monstro PBT, Alfredo xa participara de proxectos do sen dúbida especial underground desta micro cidade coruñesa; Natividad, aquel grupo de sludge industrial dos primeiros noventa, Hashassin, a máquina do supergrindcorita solo comparable aos mellores Brutal Truth polo final do século XX… e neste caso Piwi Bizarre Tech é un fillo bastardo de Godflesh, de sonoridades de Neurosis, e trae por veces ecos dos inicios de Pitch Shifter ou das paisaxes ambientais máis desoladoras da música marcial de Puissance. Todo esto pasado por unha proposta moi especial do selo de nova creación Bestiarie en forma de edición limitada de cassette e coa participación do artista NanVaz e a edición de material visual que late ao ritmo da música polo propio Alfredo.
Sen dúbida Piwi Bizarre Tech non é música para ouvidos non intrépidos. Honesto e brutal na súa forma, áspero ás veces polos ruidos das nosas vidas diarias, hipnótico noutras polos nosos propios biorritmos trasnformados en fluido sonoro.

http://bestiarie.bandcamp.com/
http://bestiarie.com/

ARSIAN

Arsian son 4 gañans dende A Coruña (de) formados a finais de 2012 por tocar thrash/punk/metal. And… In Beer We Thrash.

http://arsian.bandcamp.com/

Dende a apertura de portas estaremos asándolle as castañas (0,50 € o cartucho) e os chourizos (2 € o bocata).

A entrada custa 4 irrisorios euros e a racadación vai íntegramente para o peto das bandas, como é habitual.