Sábado 13 de febreiro ás 20.30
Please Wait son sangue fresca recén saída da factoría de grupazos que é Sant Feliu de Guixols. Unha bofetada post hardcore, na onda dos primeiros No more lies, con moitísima clase.
https://pleasewaitband.bandcamp.com/
Pura Vida fan un emo noventero que recorda as primeiras referencias de Deep Elm, para que penses que realmente tes un mundo interior durante un ratiño.
https://pura-vida.bandcamp.com/track/swoc
E Suneo, un par de dous que residen en Compostela, non teñen bandcamp pero mándannos este video para que vos fagades unha idea da mandanga fina que se traen…
5 euriños de donativo íntegro para os músicos e todos contentos!
