Luns 31 de outubro ás 20.30
Méndez Ferrín di que son parvadas, pero nós agardamos algo do Samaín. Pensamos deixar as fiestras abertas e que entre quen teña que entrar. Temos o lume, temos as castañas e temos os mestres de cerimonias axeitados. Polo presente evento convidámosvos a un ritual no que nos colleremos da man e atravesaremos xuntos as portas do alén para ver que é o que pasa.
POISONOUS FREQUENCIES (Austria/Rep. Checa):
Poisonous Frequencies é unha sorte de power trío formado de xeito inesperado no 2014. Federsel, Petr Vrba e Didi Kern mesturan a improvisación libre, co free jazz más salvaxe e o rock máis ruidoso. Petr Vrba está descubrindo as posibilidades da trompeta electrificada, Federsel continúa na súa deconstrución da guitarra eléctrica buscando sons imposibles. Didi Kern golpea os parches.
https://meteorismo.bandcamp.com/album/torschlusspanik
https://www.facebook.com/Poisonous-Frequencies-333657387005729/?fref=ts
Didi Kern voa,flota sobre os parches, a imaxinación sen límites, a pegada, o flow. Un dos mellores baterías do mundo mundial, punto.
«Didi Kern móvese principalmente en contextos de improvisación, rock e música electrónica. Toca a batería dende a infancia comezando en marching bands rurais. Dende os 90 é principalmente coñecido polo seu traballo coas bandas de rock máis arriscadas e vangardistas saídas de Austria como Bulbul, Fuckhead ou Broken Heart Collector, así como o dúo que ten establecido co teclista Philipp Quehenberger. Como improvisador ten tocado con luminarias como Ken Vandermark, Mats Gustafsson, Tony Buck, Linda Sharrock, Marshall Allen, Franz Hautzinger, George Graewe, Hans Falb e infinitos máis de case todos os recunchos do mundo»
Federsel mergúllase na deconstrucción da guitarra ata atopar os sons máis ocultos e levalos de viaxe:
«Baixo o alcume Federsel agóchase Tomáš Procházka, músico radicado en Praga, improvisador, artista sonoro e performer. Traballa con gravacións de campo, todo tipo de instrumentos e sistemas electrónicos baseados principalmente na electrónica analóxica. No seu traballo en solitario emprega feedback, interferencias electromagnéticas e sons parasitarios. A no imput mixing board,a guitarra preparada, obxectos amplificados ou cousas atopadas así como instrumentos normalmente non empregados de xeito “correcto” son parte das súas ferramentas. Como guitarrista é coñecido polo seu son molesto, collendo a inspiración da “guitarra skronk” de Arto Lindsay. É fundador da compañía teatral HANDA GOTE research & development e toca nas bandas Gurun Gurun, Federsel&Mäkelä e Wabi. É tamén fundador das Wakushoppu concert series,encontro mensual de improvisación non idiomática en Praga. No seu blogue Endemit Archives tenta recolectar pezas do underground local máis profundo, todo tipo de música fóra das marxes e audio caseiro. No 2014, xunto co seu colega Pasi Mäkelä, lanza o microselo METEORISMO, co obxectivo de difundir proxectos musicais iconoclastas»
http://federsel.blogspot.com.es/p/about.html
A busqueda constante, a imaxinación de Petr Vrba na trompeta e na electrónica:
«Petr Vrba leva traballando no eido da improvisación libre non idiomática dende 2005; as súas exploracións sen descanso nas trompetas, o clarinete, os altofalantes, os obxectos ou a cacharrada fan del un dos músicos máis activos de centroeuropa nestes días.
Michael Zerang, Thomas Lehn , Tiziana Bertoncini, Christof Kurzmann, Ryu Hankil, George Cremaschi, Miro Toth, Xavier Charles, Isabelle Duthoit, Franz Hautzinger, Seijiro Murayama ou Ava Mendoza son algúns dos seus múltiples compiches cos que establece proxectos e improvisa polo mundo adiante.
No 2012 funda canda George Cremaschi a Orquestra de Improvisación de Praga.
É membro tamén da banda de psych-rock Rouilleux»
http://www.vrrrba.cz/
ALEXANDRE LOSADA (Pontevedra)
É un día especial para o Liceo. Logo dunha lesión de man moi puñetera que ameazou con deixarnos orfa a musica improvisada e experimental galega, Alexandre, membro dos poliédricos Urro, volve coller a súa guitarra para torturala, agarimala, retorcela e facerlle cóxegas coas súas estranas ferramentas con nós, felices coma nunca antes, como testemuñas.
Os alquimistas precisan 5€ de cada unha de vós para metelos nunha pota e facer non sei que movida.