20 noviembre 2018

Portron Portron Lopez e Wagen Volte



portron

Venres 23 de novembro ás 20.30

-Titi, hoxe tócame escoller plan!
-Medo me das…
-Sabes que dende Francia sempre vén cousa ben boa…
-Pois si! Marguerite Duras, o roquefort, a democracia, Henry..
-Boh! Refírome á música, miñoca!
-Xa, muller, non aturas unha broma, eh? A verdade é que sempre viñeron grupazos..
-si! Noites ben divertidas!
-Quen vén esta vez?
-Pois un par de tríos franceses:
PORTRON PORTRON LOPEZ

Trio de rock beefhertián tinguido con influencias afro-electrónicas. Escoitándoos, testemuñamos a declinación dun espírito torcido xunto cun son explosivo e divertido. Unha liberdade herdada do mellor garage rock e psicodélico, que ás veces desvían os clichés. En poucas palabras, é unha música errante e tónica.

https://portronportronlopez.bandcamp.com

WAGEN VOLTE

Veñen de Aveyron,
( -como Victor, o neno salvaxe!
-que si, deixa que siga…)
Veñen de Aveyron da escena DIY, co seu krautrock psicodélico con moita distorsión e ruidos tolos. Falan do seu disco así:
ABRAKADABRA
ABRAKADABR
ABRAKADAB
ABRAKADA
ABRAKAD
ABRAKA
ABRAK
ABRA
ABR
AB
A
«L’intention, n’est pas un acte de désir, mais un mouvement de volonté, où l’être se libère de son égo, pour fusionner avec l’univers…»

https://wagenvolte.bandcamp.com/

-Veña, vai, déixao xa que xa me tes convencida. É no Liceo Mutante, imaxino.
-Pois claro! Na rúa Rosalía de Castro número 100, en Pontevedra.
-E canto custa? É de balde para as Socias Mutantes e o resto de socias aportan un donativo entre 5 e 10€ que vai íntegro para as bandas.
-Xa me tarda!!