6 octubre 2020

Postaleo Mutante, obradoiro tipográfico



bd

Mércores 14 e xoves 15 de outubro ás 17.00: Postaleo Mutante, obradoiro tipográfico

A idea deste obradoiro é deseñar entre todas unhas cantas postais, imprimilas, e logo de escribilas enviárllelas por correo a todas esas persoas que están agardando recibilas: presas, amigas exiliadas…
O primeiro día explicarannos brevemente as posibilidades da técnica tipográfica e mostrarannos exemplos de todo o que se pode facer e de como facelo; logo, entre todas, traballaremos o contido das postais que imos elaborar para o segundo día poñérmonos mans á obra compoñendo e imprimindo.
As Alouette Machine propoñen unha doazón orientativa de 10 euros para poder cubriren os custos dos materiais. Mais ao rematar o obradoiro poderedes facer a achega que consideres.
O aforo máximo será de 10 persoas (maiores de 14 anos). Unha vez que vos inscribades en alouettemachine@gmail.com recibiredes un mail de confirmación e mais a información completa sobre o obradoiro.
E, claro, podedes fozarlles no blog alouettemachine.wordpress