Venres 14 de xuño ás 20.30
Este venres temos a sorte de contar no Liceo Mutante con Isaac Lourido e Mark Wiersma, membros de Estaleiro Editora que veñen presentarnos o seu proxecto editorial.
Estaleiro é unha editora independente que traballa de forma asemblearia e sen ánimo de lucro, abrindo novos camiños dentro do sistema literario galego, co obxectivo de crear un espazo de liberdade para a dinamización cultural, a innovación literaria e o pensamento crítico.
Fuxindo do circuíto oficial e da política de subsidios, pretende a edición de calidade con prezos populares, en galego e baixo licenzas libres.
Nesta andaina que nace no 2008, editaron a autores como Alberto Lema, Carlos Taibo, Antonio Gramsci, Bobbi Sands, David Fernández, o Grupo Krisis ou Marcos Abalde entre moitos outros, ademais dunha colaboración continuada co Proxecto Derriba na edición de monografías sobre autores contemporáneos.
http://www.estaleiroeditora.org/
Entrada de balde