5 mayo 2015

Presentación de KARATE PRESS con Weed Bug e Junk Horses



11150691_816843258391715_8874121575451018907_n

Sábado 9 de maio ás 20.00 presentación de KARATE PRESS con Weed Bug e Junk Horses

O Liceo Mutante ten o pracer de acoller o evento da presentación da revista Karate Press, e vai ser unha boa!

KARATE PRESS

Karate Press é unha revista de música e contracultura que edita o seu primeiro número. Portada a color cortesía de Don Rojelio J. e 72 páxinas cheas de informes, entrevistas e reseñas que intentan de dar fe de música e arte esencial que non ten cabida nos medios xerais. Periodismo libre e afán de búsqueda. Inconformismo e profundidade. Neste primeiro número: Niño de Elche, Franco Battiato, Black Monolith, Nick Zedd, Bryan Proteau, Blooming Látigo, Fabuloso Combo Espectro, Comic y Mafia, Informe Black metal americano, Human Bodies, Nerve City, música no gueto de Terezín, etc…

https://www.facebook.com/pages/Karate-Press/853688864673540

WEED BUG

Weed Bug formouse no verán do 2013 en Vigo, aínda que os seus integrantes veñen de proxectos lonxevos coma Carcomedhi, Kids Pantera ou Mostros. Os compoñentes da banda son Javi/bajo, Manurro/batería, Akuña, Victor y Goiko/guitarras. En 2014 grabaron o seu primer traballo, No Other Way, unha demo de 7 temas. Trala marcha do seu cantante orixinal, comezan unha nova etapa con Macky/voz.

«HC punk tinieblilla» con lánguidos momentos de chicle stoner. Despois de un largo inverno cebándose no local, asoman o fuciño ó sol e agora xa non pensan parar de tocar.

https://weedbug1.bandcamp.com/

JUNK HORSES

Orixinarios da ecléctica escena Rock&Roll de Melbourne (Australia), o dúo de guitarras Junk Horses traen o seu peculiar método de doble guitarra e doble voz a Europa en abril e maio de 2015. As súas actuacións, famentas e apaixoadas, son dirixidas pola front-woman Kate Alexander, a menudo comparada con unha nova Patti Smith ou con PJ Harvey, mentres a guitarra de Gilles Warren oscila entre picos de intensidade e fraseos sutiles. Momentos de delicada melodía que crecen cara ritmos potentes e inventivas liñas de guitarra de herdanza grunge que se inclinan ante Blixa Bargled, The Drones ou Television. As veces delicados y fráxiles, outras homicidas, Junk Horses son unha banda única e distinta a cualquera outra.

O seu recén rexistrado “Asylum” é un EP de catro cancións exclusivo para a xira europea e que poderase encontrar nos concertos.

junkhorses.bandcamp.com/

katealexander.bandcamp.com/

facebook.com/junkhorses

Abrimos portas ás 20.00, haberá cea e demáis a prezos populares coma sempre, soamente por un donativo de 5 € !