9 julio 2012

Presentación do recopilatorio «Metamovida Vol. I» no Liceo Mutante coa actuación da ORQUESTA METAMOVIDA



“A pura verdade é que ningúen o sabe con seguridade”, contestan algúns dos membros do Colectivo Metamovida. A pregunta era: de onde saiu a idea de formar esta familia?

O certo é que hai uns feitos: amigos de coñecidos varios, todos músicos, xuntos nunha casa de Tomiño nalgún momento do verán para tocarse uns temas e dar unha volta pola aldea, conseguir unhas Estrellas e fotografiarse cun coche en ruinas. Temos os feitos pero falta a causa. O motivo. Todos eles tocan en bandas e xa están liados, pero deciden que vale a pena continuar o que alí se crea, unha canalización de enerxía musical e amor a través da improvisación conducida.

Sen ningunha motivación mais que coincidir, tocar e formar unha congregación a cousa vaise estirando e, como por arte de maxia e, un sinfín de concertos e xuntanzas, grabacións varias e un Verkami (http://www.verkami.com/projects/1469) despois, a couse estase a saír de nai, para rematar nun recopilatorio das bandas implicadas e moitas cousas mais.

Hai moito que celebrar e moito regalo que repartir, así que antes de pasarse o verán festivaleando, a Orquesta Metamovida presentarase no Liceo unha vez mais, esta vez cargada de regalos para os seus amiguiños.

Isto por 3 euriños para gasofa, ou gratis se és do clube.
Se por algunha rara mutación xénica non sabes de que vai a Metamovida, estudia isto:
http://www.metamovida.org/
http://www.metamovida.org/index.php?option=com_content&view=article&id=89&Itemid=241

Longa vida para a Metamovida!