Neste 15 de maio (vaia!, dez anos xa de certas cousas), o Liceo Mutante ten o pracer de presentar figurandorecuerdo(s)edicions. Máis que dunha editorial estamos a falar dunha aposta arriscada pola cultura autónoma, a banda deseñada e a arte crítica. Por iso fainos ilusión presentar o seu catálogo no Liceo Mutante de Pontevedra, outro espazo de autonomía, creación e aposta polas cousas ben feitas.
Contaremos coa presenza da editora Rosa Espiñeira Pan e do artista e escritor Tono Correa Corredoira. O plan é facer a presentación da editorial —teremos exemplares das obras publicadas á venda— e despois, de acordo co espírito do Liceo e de figurandorecuerdo(s), haberá unha actuación musical da efémera (?) Banda Mutante xunto coa lectura dun fragmento da súa obra por parte de Correa Corredoira.
Ao rematar, vermú, faladoiro e música. Esperámosvos!
Recordade que aínda que rematou o estado de alarma, no Liceo cumpriremos o aforo e as medidas de hixiene e seguridade.
A entrada é de balde, pero é preciso que reservedes asento escribindo a anticipadas.liceomutante@gmail.com.
Vémonos o sábado!
11 mayo 2021