2 noviembre 2015

Probosci + L’OEillère



12033243_895485133860860_8765410940922324286_n

Martes 3 de novembro ás 20.30: Probosci + L’OEillère

Arrincamos un mes de novembro que vén cargado de sorpresas cun concerto moi especial: a visita de Probosci e L’OEillère.

Probosci é un dúo que vén Nova York formado polo guitarrista Gyan Riley (colaborador de Iva Bittova ou Terry Riley) e o violinista Timba Harris (Secrets Chiefs 3, Estradasphere, Stephen O’ Malley, Wolves in the throne room ou Eyvind Kang)
A súa música oscila entre o acústico e o eléctrico, a experimentación coas melodias e o swing aventureiro, as sutilezas minimais e o caos explosivo!
Ambos os dous son compositores, cuxo traballo está publicado nas Composer’s Series da Tzadik de John Zorn.
A interacción entre a composición e a improvisación, artellada con intrincación, sutileza, e enerxía.
Aventúranse a explorar as máis variadas paisaxes sonora dende a música puramente acústica até descoñecidas texturas electroacústicas, capaces de bailar entre a delicadeza e a agresión.
https://www.facebook.com/probosci?fref=ts

L’OEillère é o proxecto do francés/belga Nicolás Gardrat quen xa visitou o Liceo e tocou no noso xardín naqula inesquecible tardiña acompañando a Mike Watt & the Missingmen e Guess Whatt?
L’OEillère é o un proxecto que se vale só dunha guitarra acústica no que mestura longas composicións narrativas con música contemporánea e rock percutivo.
As súas composicións son longas narrativas inspiradas nas ruínas do rock, na longa tradición xudaico-árabe e na música contemporánea, onde tenta demonstrar a incerta teoria de que é simultaneamente posiblel contar historias sen palabras, usar unha guitarra acústica de tal forma que unha guitarra eléctrica fique verde de envexa e escribir pezas musicais máis apropiadas para formacións de rock, jazz ou orquestra, mais tocalas en solitario.
www.loeillere.com

A noite contará con tres concertos: L’OEillère solo + Probosci dúo + L’OEillére & Probosci trío.

Pedírase unha xuda de 5 € para axudar a cubrir os gastos dos músicos.