9 abril 2014

Proxección de Monopatín (Un recorrido por los orígenes del skate en España)



1978907_619067034836006_223157641_n

Xoves 10 ás 21.00

Todo un documento histórico a cargo do realizador Pedro Temboury («Karate a muerte en Torremolinos»), que percorre con este documental a historia do monopatín no estado español, dende os seus primeiros pasos a través da testemuña dos patinadores pioneiros -cando a marca Sancheski foi a primeira en rexistrar a patente dun monopatín-, ata o rexurdir deste deporte nos 80, nos que os nosos protagonistas viaxan para participar en campionatos ou exhibicións, nas que se sentían como estrelas do rock. Non faltan as anécdotas que estes, hoxe non tan rapaces, contan con naturalidade diante da cámara.

Ademáis, a banda sonora está repleta de temas clásicos do rock/hardcore/punk estatal: Imperial Surfers, The Longboards, Dr. Explosión, Farmacia de Guardia, Los Vegetales, Cerebros Exprimidos, Golden Zombies, La Banda Trapera del Río…