9 marzo 2015

Proxección: Toñito Blanco. So, perdido e vicioso



toñito

Venres 13 de marzo ás 20.30, proxección:» Toñito Blanco. So, perdido e vicioso»

O Liceo Mutante organiza o vindeiro venres 13 de febreiro, ás 20:30, a proxección do documental «Toñito Blanco. Só, perdido e vicioso», dirixido por Nico Campos. O documental narra a vida e os avatares de Antonio Blanco, director dunha das fitas máis importantes do gore galego, «La matanza caníbal de los garrulos lisérgicos», traxicamente desaparecido por mor dunha sobredose cando contaba con tan só 30 anos.

Contaremos coa presenza do director do documental Nico Campos, así que teremos a posibilidade de afondar na figura dun dos pioneiros do cine máis gamberro, guerrilleiro, e asquerosamente cachondo, que deu o cinema galego: Toñito Blanco.

O documental pasou por varios festivais nacionais e internacionais como o de Sitges , Zinema Zombie Fest de Colombia, ou xa no noso país, Freakemacine Festival de Cinema Fantástico da Coruña ou o Festival de Cans.

A entrada será de balde.