16 febrero 2015

Putan Club



10950679_777776318965076_8522501034383730094_n

Martes 17 de febreiro ás 20.15: Putan Club

A volta de Putan Club é inmediata!

Se estiveches a noite de San Xoán do ano pasado, lembrarás o seu paso polo Liceo Mutante sen dúbida algunha.
Putan Club son unha máquina militar que arrampla con todo o que encontra por diante. Está formada por François R. Cambuzat, ideólogo de L’enfance Rouge, francotirador con xente coma Lydia Lunch ou Eugene Robinson (Oxbox) e de Gianna Greco.
Putan Club levan máis de 700 concertos as súas costas por Europa, África e Asia e non ten pinta de que a máquina pare pronto de andar polo mundo. Viven nunha espiral de dar bolos durante todo o ano e as súas próximas vítimas son TADJIKISTAN (Marzo), China (Abril), Turquía (Maio) e Alemaña (Xuño).

Gústalles a forza, o mal humor, tocar separados, fumar puros e a pasta ó limón.

Escoita: https://soundcloud.com/putanclub
Video riquiño: https://www.youtube.com/watch?v=j7PZ26bulXI
Outro un pouco máis longo: https://www.youtube.com/watch?v=MuiRtBW5bZ0
Máis info: www.putanclub.org/

Todo isto para o martes de carnaval, con bebida e comida ós prezos de sempre e a mellor atención que che podamos dar. Ven cos teus 5€ (íntegros para a banda) e pasa unha noitiña ben xeitosa con nós.

Apertura de portas: 20:15h
Comezo aproximado do concerto: 20:45h