Sábado 8 de outubro ás 20.00
RAÚL QUERIDO (Madrid)
Raúl Querido é unha mente pensante e hiperactiva. Ó marxe da banda El Pardo, Raúl continúa o seu activismo no seu blog, en revistas, fanzines, e neste seu proxecto en solitario. O seu plan de sacar un EP por mes só pode enmarcarse nas posicións faino-ti-mesmo máis irreductibles. Comparado en ocasións con Joe Crepúsculo, Hidrogenesse ou Javier Corcobado, cada unha da pingas de tinta vertidas no seu nome subliñan a cualidade inclasificable do seu facer.
https://raulque.bandcamp.com/
http://www.shookdown.es/raul-querido-trabajamos-sin-poder-vivir-de-ello-nos-enamoramos-de-lo-hacemos-eso-ya-nos-compensa/
http://jenesaispop.com/2010/07/30/47599/revelacion-o-timo-raul-querido/
GLITCHGIRL (Santiago)
Glitchgirl é moito máis que unha entrenadora Pokémon. Polo día recompila memes. Pola noite pon o pasamontañas, sube ó escenario e mistúrao todo co drum’n’bass, cos clásicos do nu-metal e co trap máis FRESH®. O resultado será unha referencia para os vosos fillos, porque non é desta época.
OCRE (A Coruña)
Ocre é Edu Poch. Edu Poch é informático. Informático que desde o 2014 forma parte de Discos de Kirlian, cando publicou o seu primeiro (e, por agora, único) EP ‘Torpe’.
Ocre = Family + Kraftwerk + Astrud + Math.rand()
Ocre = pop
http://discosdekirlian.bandcamp.com/album/torpe
https://www.youtube.com/watch?v=ie3y5nc0q5c
https://creoqueocre.es/
Sábado 8 de OUTUBRO
Portas 20:00
5 € de axuda
O cartel é obra da marabillosa Sara Roca