Dende Barcelona chegan a Pontevedra Reptilian Mambo coa súa cocteleira na que axitan con xeito free jazz, hardcore, electrónica, noise, rock, improvisación libre e por suposto, mambo!
Teñen unha formación flexibel, xeralmente con dúas baterías, fan de cada concerto un evento único, aterrando en lugares onde só chegan as activas aves reptilianas, os pterodáctilos.
O seu directo está cheo de forza, é intenso e enérxico á vez que exploratorio e intermitente, tan antgónico como o seu nome.
Nesta ocasión presentaranse en formato sexteto:
El Pricto: Saxo Alto, electónica e voz;
Don Malfon: Saxo barítono;
Pablo Rega: Guitarra Eléctrica;
Nuria Andorra: percusión;
Vasco Trilla: Batería;
Avelino Saavedra: Batería.
Podes escoitalos aquí:
http://discordianrecords.bandcamp.com/album/reptilian-mambo
http://discordianrecords.bandcamp.com/album/its-peeling-time
Uns vídeos:
Antes deles ruidarán Dios Pentágono, nados nas entrañas do Liceo, de formación cambiante practican unha improvisación de espírito punk-rock. Na súa curta traxectoria compartiron escenario con xente como Staer, Michel Henritzi & Rinji Fukuoka ou Drive West Today.
Non sabemos que formación traerán desta vez
Pedirase unha axuda e catro lereles