Sábado 31 de agosto
«Forza e beleza ao servizo da transformación do ser humano en milagre. Cancións que mesturan a intensidade máxica da Semana Santa co xogo infinito da música de vangarda.
Rituais catárticos despregados en conventos románicos, museos de arte ou desfiles de alta costura. A luz catedral gótica ilumina o seu novo disco: Cristo da Atlántida»
https://reservaespiritualdeoccidente.bandcamp.com
«As primeiras etapas instrumentais de Franco Battiato, a experimentación desprejuiciada de Pierrot Lunaire ou a psicodelia intelixente de Opus Avantra; retrincos de glorias patrias como Música Dispersa, Asfalto ou Lole e Manuel; o romance pausado de Joaquín Díaz; a tristeza atávica das voces do Caurel e da copla; a brutalidade descarnada de Swans, a escuridade e o lodo de Sunn Ou))) e mesmo unha aproximación ao orquestral que otea desde a distancia a Henryk Górecki ou Krzystof Penderecki son algúns dos escintileos que aluman os camiños do inconsciente colectivo que Svali e Wences Lamas transitan no Cristo da Atlántida.»
«O disco está producido por Leo Mateos ( Nudozurdo), mesturado por Karim Burkhalter (Nacho Vegas, Hola a todo el mundo, Izal) e masterizado por Alan Douches ( Swans, Animal Collective, Akron Family, Sufjan Stevens). Editado por HUMO.»
Portas 20.00
Comezo da música á 21.00
Coma sempre, donativo de entre 5 e 10 euros solicitado, íntegramente destinado a cubrir os gastos das artistas.