Xoves 31 ás 20,00
Si, amigos, imos para fóra, se esta despendolada climatoloxía nolo permite.
Temos entre mans a moi amorosa visita de Ricardo Rodríguez (holywater), que virá poñer os seus preciosos e intensos temas en acústico, entregando ademais os mais escondidos e pouco frecuentes da banda. Será un rencontro despois daquela inesquecible noite xunto ó seu grupo, e esperamos que haberá amor a toneladas!
E ademais temos da casa e de alá. Nada menos que Ell Sol, proxecto mediterráneo de Joan Mena, un catalán que recorre o mundo (agora asentado en Holanda) coa súa guitarra e as súas ideas libertarias. Preciosismo e inquietude acústica. Será un bolazo!
http://ellsol.bandcamp.com/
http://www.ellsol.tk/
https://vimeo.com/97308605
http://www.youtube.com/watch?v=G_JFREPOvDA
Isto por cinco euriños para os artistas por unha tarde de amor e ledicia. Iso non ten prezo macho.
