22 junio 2021

RRA + Martín Guerra



rra

Sábado 26 de xuño ás 19.00

Compañeiras, imos recibir o verán con xeito, no xardín e con músicas fermosas, rebeldes e ásperas.
RRA é o proxecto persoal de Marcos Flórez (antes en La Débil, agora en vietcong). Rock nos ósos, canción descarnada, lírica austera e profunda como o dub, na música de Flórez hai sombras, hai presenzas. Está Can e está Chicho Sánchez Ferlosio. Está Young Marble Giants e está PiL como se Lydon soubese da empatía. A súa última gravación é Cancionero, áspera e anticapitalista, con cambras e esquinas, humidade, rexistrada con Carlos Toronado, Ojo y Borja de La Débil e Jesús Alonso. Ao directo lévaa en solitario.
Sempre hai que lle facer caso a Don The Tiger:
«Hai un certo tipo de música, árida e á vez carnosa, que uno non pode por máis que estrañar. Falo daquelas cancións coa rarísima capacidade de adherirse ás costelas e aguilloarnos a alma. Daquelas letras que máis que contarnos algo, inclúeno e o condensan, conseguindo exactamente o que moitos botamos de menos: que cada día que pasa podamos recoñecernos nelas. Cancionero, de RRA, ademais de sobordar todas esas calidades, é un disco de rock insólito, xa que crece en paralelo ao novo seo familiar e non a pé de rúa, algo que lle sobra a Marcos, a quen moitos recordaredes abrasando escenarios con La Débil. Estas cancións sacódennos como o faría unha descarga eléctrica, pero optan por sucederse como a respiración, necesarias, sen que apenas as notemos. A Marcos coñecino demasiado tarde, xusto cando cruzaba os Pirineos para empezar unha mellor vida. Se todo iso non pasase, non sé que demos sería de min, pero o que é seguro é que agora mesmo estaría nalgún desvencellado local ensaiando este Cancionero xunto a el»
https://mascarponediscos.bandcamp.com/album/cancionero

Martín Guerra, músico e artista peruano que expón un punto de encontro entre os ritmos e cantares de tradición suramericana e a música contemporánea. Vai recollendo da música popular estilos de antigas cerimonias e festas. De pregóns de vendedores a coros de xornaleiros. A Canción Cardenche del Ejido en México ou os ritmos sincopados da música afro-peruana de Perú Negro ou Arturo “ Zambo” Cavero, as múltiples gravacións de Alan Lomax en Haití como nas prisións de EEUU son desde logo fontes claras de inspiración.
As súas cancións buscan achegarse ás voces dos que ao cantar, describían a súa propia vida ao parecer sen necesidade de interpretala. A descrición literal da contorna, de como creceu o río ou de como se está poñendo malo o tempo, das solas dos zapatos que hai que cambiar, forma parte dunha tradición para retomar.
Vén de sacar disco novo «Temporada de Pesca» e estamos desexando escoitalo en directo
Para este concerto, Martín virá acompañado de Lucas de la Rubia na guitarra
https://raso.bandcamp.com/…/mart-n-guerra-temporada-de…
https://detripa.bandcamp.com/album/sol-salga

Reserva o teu oco mandando un correo a: anticipadas.liceomutante@gmail.com
Pedírase unha axuda entre 5 e 10 € destinada integramente aos músicos.
Queremos que o Liceo sexa un espazo seguro para todas polo que vos pedimos a vosa colaboración e o respecto a todas as medidas sanitarias pertinentes.

(a imaxe é de Henri Michaux)