22 agosto 2012

sábado 25 ás 18:30



O Liceo organiza este sábado unha xornada de convivencia.
Nela teremos un fantástico mercadiño de 2º man onde poderás atopar todas esas cousas que sempre desexaches ter e non sabías onde conseguilas.
Ademais unha serie de xogos populares (petanca, chave, corda,..) e de mesa impedirannos aburrirnos un só instante.
Por suposto, haberá premios para os máis intrépidos
Para amenizar semellante velada contaremos ás 21:00 cunha exhibición dos instrumentos realizados no obradoiro que está impartindo esta semana no
Liceo Yuri Landman, a cargo da Yuri Landman Ensemble.
Yuri é un luthier e músico experimental holandés colaborador de xente como Sonic Youth, Jad Fair, Action Beat, Noel Akchoté, Gw. Sok (The Ex) ou Melt Banana.
O seu traballo como compositor sitúase na liña dos traballos máis orientados ao drone dos Sonic Youth ou as composicións sinfónicas para guitarras eléctricas de Glenn Branca ou Rhys Chatham.
http://www.hypercustom.com/

A entrada é de balde.