17 octubre 2016

Sajjra



a-sajjra

Venres 21 ás 20.30

Sajjra é un dos múltiples proxectos de Christian Galarreta, un dos artistas peruanos máis internacionais, cunha producción tan inabarcable como ecléctica.
Vén Galarreta, que divide o seu tempo entre o país natal e Holanda, presentar o seu segundo disco deste proxecto: “The Sun Remains the Same” , no que doma e expande o ruído ao servizo dunhas cancións que integran pingas de ritmos tropicais con sons etéreos, oceánicos e industriais, sen perder de vista unha perspectiva que el define como «harsh pop»
O son de Sajjra posúe a atmósfera das lentas e pesadas procesións andinas mantendo o espírito dos seus conxuntos musicais tradicionais pero tamén expresa os sentimentos industriais que lle dá Lima, a súa cidade de nacemento. A través desta mistura de influencias Sajjra vai desenvolvendo o seu estilo axexante e intenso coa forza e beleza dun son expansivo que por veces o emparenta con My Bloody Valentine, Fennesz ou Sunn O))
Galarreta, explícanos na súa biografía que a súa obra está invadida polo incerto e o sublime, non lle falta razón a un creador que explora os límites perceptivos do son, a música e todas as físgoas creativas que quedan a mercé das estéticas musicais. Un dos aspectos máis interesantes da obra de Galarreta é precisamente ser capaz de convivir con eses estilos musicais dispares e destilalos en algo como Sajjra.

https://sajjra.bandcamp.com/album/the-s-un-rem-ai-ns-t-he-s-am-e

sajjra.net/

Axuda de 5 euros

A foto de portada é de Olga Lebedenko

Guardar