1 agosto 2017

Salavelatoria e Anticed



19961480_1388314287911273_3863032331016465672_n

Sábado 5 de xullo as 20.30: Salavelatoria + Anticed

Noite de metal sen merdalladas no Liceo Mutante.

Salavelatoria formouse en Pontevedra en decembro do 2014 para velar polas almas impías, cando catro músicos da vella escola (entre os catro acumulan xa estancias en Dismal, To Nowhere, Killer Barbies, Flip Corale e tantas outras formacións do diaño) deciden invocar ao maligno axente augarrás. Con Base en Tourón, estes catro mangantes veñen presentar o seu novo material, un trallazo de thrash metal old school, un presente para os fillos da Panteira.

https://salavelatoria.bandcamp.com/

Os vigueses ANTICED veñen completando a comitiva metaleira e pisando o seu pedal infernal de thrash tradicional, corrosivo, ardente. Andan preparando a súa segunda entrega, pero podes flipar co seu disco de debut Nada Queda xa mesmo: https://salavelatoria.bandcamp.com/
Con membros de To Nowhere, Ra e Aversion, os Anticed vante deixar patifuso e berrante.

Escorrega o mal con estes demos do metal, aportándolles entre 5 e 8€ íntegros para os artistas.

Apertura de portas: 20.30h
Os eventos do Liceo Mutante rematan ás 22.30h. Atenta!