17 junio 2019

San Xoan Mutante



62321808_2271729722903054_6159864816300195840_n

Domingo 23 de xuño a partir das 18.00

Dedaleira, fiúncho, codeso, abeloura, malva, romeu, herba luísa.
Vai xuntando as herbas de San Xoán para espantar o meigallo, que o Liceo Mutante pon o resto!

Como cada ano, celebramos o solsticio en Mollavao. Remata a primavera, e darémoslle a benvida ao verán. Cal é o teu ritual favorito? Por suposto no Liceo haberá fogueira, onde poderías queimar os apuntamentos da carreira, as facturas do banco ou os sobres de propaganda electoral.

As portas abrirán ás 18.00. Non se reservan prazas, pero non chegues tarde, que o aforo é limitado!
O solpor chegará da man dun combo de djs que te van facer menear o corpo coma unha buxaina. Baila no xardín e contempla o Sol poñerse pola ría! Ás doce da noite, con puntualidade británica, acenderase a cacharela, e despois a pinchada pasará ao interior do local.

Para non desfalecer, durante toda a xornada poderás desfrutar de diferentes viandas veganas e vexetas. Como non só de pan vive o home nin a muller, estarán dispoñibles as bebidas habituais do Liceo, pero como hoxe será un día especial poderás probar a afamada sangría DIY.

Comodidades que non che ofrecen AirBNB nin Booking: a festa será kid friendly, polo que a rapazada poderá xogar e argallar troula! E se tes ganas de mexar, no xardín haberá
un baño portátil para evitar colas innecesarias e cortarrollos nos baños de sempre.

Todo este percal por tres euriños, que axudarán a seguir subsistindo até o vindeiro San Xoán.
#Lume!