22 junio 2015

San Xoán Mutante



1376373_838686776207363_8444241165534635329_n

POLO SAN XOÁN O LICEO MOLLA O PAN

A noite do día 23 ao 24 de xuño, e coincidindo co solsticio de verán, o Liceo Mutante vai celebrar a súa tradicional festa de San Xoán, unha das festas antropoloxicamente máis importantes en Galicia, rica en lendas, crenzas e costumes da nosa cultura.

Abriremos portas as 21.00h e cesaremos a actividade sobre as 3.00h, xa que o día seguinte é laborable.

Dende primeira hora animaranos a velada os rapaces de La SinCereza coa súa pinchada de Cumbia que, sen dúbida, fará que movamos as cadeiras ata preto da media noite, hora na que se prenderá o lume purificador.

Teremos sardiñada, pan de millo, bocatas de chourizo, brochetas vexetais á brasa e outras exquisitas viandas a prezos máis que populares.

Todo isto por un irrisorio donativo de 2 euros, cunha bebida incluída!!!

ACUDIDE BEN CEDO, QUE O AFORO É LIMITADO!

“Salto por riba
do lume de San Xoán,
para que non me morda
cadela nin can
nin bicho vivinte
que ande polo chan”

Guardar