13 junio 2017

San Xoán no Liceo Mutante



s xoan

«Salto por riba do lume de san Xoán,
para que non me morda cadela nin can
nin bicho vivinte que ande polo chan.»

Chega san Xoán! A noite máis curta, o solsticio de verán, celébrase un ano máis en Mollabao.

Cal é a orixe desta festa máxica? Crenzas pagás para espantar o meigallo? Rituais purificadores? Deixámoslle estes estudos antropolóxicos a Iker Jiménez. Nós só prometemos organizar unha festa malandra que recordarás co paso dos anos e da que lle has falar ás túas netas.

Abriremos portas ás 21:00, para que che dea tempo a recoller as herbas para lavar a cara ao día seguinte. A partir desa hora comezará unha boa sesión de música: 5 Djs Mutantes 5 amenizando a noite con rock and fire para conxurar os espíritos do akelarre, cumbia do chascarraschás para quen queira ligar, e voodoo-doom para mover as cadeiras.

Para alimentar corpo e mente terás á túa disposición unha boa selección de comida vexetariana, da man de chefs mutantes.

E ás 12 da noite acenderase o lume: o alfa e omega da festa, a entelequia aristotélica. Na fogueira poderás queimar os apuntamentos desa materia que tanto custou aprobar, a carta de amor que nunca te atreviches a entregar, ou unha lista cos propósitos para o verán, eu que sei. Lembra saltar con sentidiño a cacharela hipnótica!

Todo isto por só 3 euros estratéxicos. Unha noite de venres nun marco incomparable.

Cartaz de Nuria Fieguiredo