Un ano máis, chega o solsticio de verán e como tal temos a obriga de cumplir coa tradición e reunirnos para celebrar esa noite de lume, sardiñas e comunión.
Abriremos ás 20.00 e a festa comezará ás 21.00 con pagana puntualidade co concerto da Orquesta Metamovida, formación de improvisación dirixida composta por integrantes de Cró, Unicornibot, Durarará, Guerrera, Why Go?, Buogh!, Es un Árbol e moitos máis! A entrada será a donativo voluntario.
http://www.metamovida.org/
O concerto rematará ás 22.00, a partir de aí a entrada será libre e comezará o reparto de sardiñas, cachelos e demáis viandas a prezos populares.
Ás 00.00 prenderase a fogueira máis espectacular que os vellos ollos da terra de Mollabao viron, e a partires de aí a noite estará amenizada polo noso Equipo de Dilleis Mutantes e algunha sorpresiña máis.
Ir as praias da Coruña ou está moi ben se queres sentirte coma unha formiga, e quedar na casa tamén se queres que se te pudra un cachiño de corazón, no Liceo Mutante cremos que o vas pasar mellor que en ningures!