Luns 14 de abril ás 20.30
Sangre de Muerdago son un quinteto acústico formado entre músicos galegos e xermanos, de ampla traxectoria en bandas de xéneros moi diferentes a esta proposta que xa é referencia no seu estilo: Folk con resonancias ancestrais, que camiña melancólicamente polos bosques.
Chegan ó Liceo embarcados nunha xira que os levará por nove países na que presentan ó seu último lanzamento «Nas fragas do río Eume»
http://sangredemuerdago.bandcamp.com/
Carcomedhi veñen dende Vigo e presentan o seu recentemente saído do forno ep «Futuro en Venta», repleto dun metal crustificado e rockeiro de primeira.
http://carcomedhi.bandcamp.com/ http://carcomedhi.blogspot.com/
Todo esto por 5 € que irán directamente cara ás bandas coma donativo, animádevos a pasar un luns intenso e diferente.