4 abril 2017

Sangre de Muerdago + Nathaniel Larochette



sdm

Mércores 5 de abril ás 20.30: Sangre de Muérdago + Nathaniel Larochette

Sangre de Muerdago (Galicia/Alemaña)
Cando os galego-xermanos SDM pasaron polo Liceo hai tres anos (https://www.youtube.com/watch?v=MB-7xdnuV0c), eran un proxecto en perpetua progresión e investigación na súa senda dentro da escuridade ancestral do bosque galego. Deixáronnos flotando esa tristura calmada e perenne que sentimos aqúi e que eles levan ata a máxima expresión lírica. Cada día máis incisivos, máis poderosos, máis profundos, volven agora presentando o seu último EP «Os Segredos da Raposa Vermella» no marco dunha xira por incontables estados desta Europa agonizante. Agardámolos co corazón no puño.
https://sangredemuerdago.bandcamp.com/

Se os SDM veñen de traballar nese manto de tristura provindo do black metal e o crust, o guitarrista canadense Nathanaël Larochette que os acompaña apela a esa mesma emocionalidade dende as súas raíces postrockeiras e con ferramentas ambientais, un mar de melancolía. Pura beleza.
https://nathanaellarochette.bandcamp.com/

Foron alá e volven dende todos os recunchos de Europa: axúdalles a proseguir o seu camiño, co teu donativo para os artistas de entre 5 e 10€.

Guardar