Science is made of mistakes lévano todo a flor de pel. Derivas instrumentais do poshardcore ao posrock máis estrelecido. E logo queixumes apocalípticos, crebagorxas de sete estalos. Pirotecnia emocional acendidísima con títulos de cancións kilométricos. Moito desfase.
http://scienceisband.bandcamp.com/track/the-last-scientist-astrologer-was-the-first-astrophysicist-astronomy
Escoltándoos temos a unha banda da casa que bebe dos mesmos mananciais. Lluvia de Ciervos son Flaqui, Fansi, Felip e Seivas, mutantes recalcitrantes, rapaces intensos e xestores dunha mangueira de lume e xeo que, a dicir pola magnitude deses sons escarpados e fermosos que botan nos ensaios, vannos apresar o corazón. Nin franceses nin xaponeses. Do Liceo.
—
E para poñer o invento a andar, uns sons ambient da man de IDLS. A calma de antes da tormenta
—
Todo este festín de emocións por só 5€, que van, coma sempre, íntegramente destinados a paliar as miserias de tocar nun grupo nestas terras e nestes momentos. É incrible o moito que se dá por tan pouco.
Vinde (¡cediño!), que vai estar bonito.