27 marzo 2017

Seijiro Murayama & Miguel A. García + Alexandre Losada & Luis Garrido



seiji
xedh
al
11057112_893068577452455_1039564005520179179_n

Venres 31 de marzo ás 20.30
Nesta noite na que despedimos marzo e damos a benvida a abril propoñémosvos unha noite de portas que se abren, de aventuras, de sons agochados, fráxiles e abruptos; da man de dous dúos de formación inusual que se mergullarán na improvisación libre e na experimentación electroacústica

Seijiro Murayama & Miguel A. García

Seijiro é un compositor e percusionista xaponés; un dos músicos de improvisación máis importantes do mundo, cunha obra moi persoal que rexeita o encaixe fácil. Batería mítico dos históricos Fushitsusha de Keiji Haino e dos A.N.P con KK Null é ademais colaborador de Fred Frith, Tom Cora, Jean Luc Guionnet, Lionel Marchetti entre moitísimos outros.
Seijiro emprega medios moi sinxelos como pode ser unha percusión miúda e a súa voz para obter resultados asombrosos en potencia e sensibilidade
Miguel A. García (aka Xedh) é un dos artistas sonoros máis inquedos a nivel estatal, Como material básico para as súas creacións utiliza sonoridades obtidas a partir de residuos de dispositivos electricos e electrónicos, a miúdo interrelacionándose con gravacións de campo ou instrumentos acústicos, en busca dun tipo de experiencia intima, inmersiva e intensa. Unha música de formas aventuradas e chea de contrastes, non exenta de sentido do humor, que cuestiona as fronteiras entre a “arte sonora”, a música electroacústica académica, a improvisación libre, o noise, ou a chamada música outsider.

http://urojiise.wixsite.com/seijiromurayama
http://www.xedh.org/about.html

Luis Garrido & Alexandre Losada

Abrindo a noite teremos a outro dúo, neste caso local,no que será a súa primeira presentación neste formato.
Ambos músicos coñécense de vello e fan parte de Urro entre outras aventuras sonoras que os levaron a xirar pola península co trompetista checo Petr Vrba ou gravar cos músicos rusos Ilia Belorukov e Kurt Liedwart.
Neste proxecto Luis deixa de lado o saxo para centrar o seu traballo na desviación de obxectos cotiás para empregalos coma fontes sonoras. Tocadiscos, mesas de misturas, altofalantes ou micros son parte do seu arsenal sónico.
Pola súa banda Alexandre engade á súa habitual guitarra preparada o emprego de cintas de casette, radios e micros de contacto para ampliar a súa paleta sonora.

Coma sempre, pedírase unha axuda de entre cinco e oito euros para os músicos viaxeiros