20 noviembre 2016

Selector Dub Narcotic + Aries



aris

Venres 25 de novembro

Atende! Inxentes cantidades de fuá e enerxía cósmica aproximanse para ser vertidas no Liceo Mutante este 25 de novembro:

Selector Dub Narcotic e Aries levan un mes de xira por Europa presentando os seus novos discos, e mira ti que sorte que a única data en Galicia será no Liceo!

Selector Dub Narcotic é outro invento dos múltiples que o mitiquísimo Calvin Johnson leva armando toda a vida, sexa con Beat Happening, Halo Benders, Dub Narcotic Soundsystem ou argallando dende o seu selo K Records dende Olympia. Acaba de sacar un disco baixo este alias que podes escoitar aquí:

https://selectordubnarcotic.bandcamp.com/

ARIES é o multicolor e poderoso proxecto da nosa querida Isa, que despois de sacar o seu flamante «Adieu or Die» con La Castanya e K Records, xirar moito por Norteamérica e a Península voltará connosco por fin para atravesarnos o cuore coa súa maxia.

https://aries.bandcamp.com/

Decide o teu donativo entre 5 e 8 euros que irán íntegros para os artistas.

Abrimos portas ás 20.00, os concertos comezarán entre ás 20.30 e a as 21.00.