Sábado 7 de setembro
Para encarar setembro todavía agarrando o verán pola cintura, este sábado no Liceo temos unha velada imprescindíbel con artistada da terra de primeira categoría
Selvática xa nos visitaron moitas veces e cada vez nos gustan máis! Post-punk elegante con toques viaxeiros e melodías pop de alto kilataxe con xente de Indómitos, Lobishome, Fantasmage ou Mundo Prestigio.
https://selvatica.bandcamp.com
Emilio José é un dos artistas máis inclasificables e talentosos que temos a sorte de ter por aquí. O de Quins inspírase tanto na bossanova coma no ambient ou no hip hop abstracto para enmarcar as súas reflexións sobre a modernidade e o discurrir da vida.
https://emiliojose.bandcamp.com
Abriremos o Liceo as 20.00 para que a música comece en torno as 21.00. Poderedes aportar unha doazón voluntaria na porta de entre 5 e 10 euros que irán íntegros para as artistas e coma sempre, haberá líquidos e sólidos de primeira para saciar as vosas necesidades.