20 noviembre 2017

Sheik Anorak + Maxime Petit



afoto

Xoves 23 de novembro ás 20.30: Sheik Anorak + Maxime Petit

Neste xoves de novembro propoñémosvos dous concertazos no Liceo, dous proxectos unipersoais e franceses: Sheik Anorak e Maxime Petit

Tras o alcume Sheik Anorak agóchase o músico francés Frank García, que xa nos abraiou coa súa proposta no 2015.
Unha auténtica “one man band”, un home orquestra armado con guitarra, batería, pedais e loops cos que el so constrúe e deconstrúe a arquitectura, as capas, os ambientes e as texturas duns temas que se moven nun lugar fronteirizo onde o rock ruídoso linda co pop e a improvisación.
Os seus concertos poden ir dende cancións que nos lembran ao mellor indie rock de décadas pasadas até violentos ataques de guitarra e batería ligados á no wave.
Nesta ocasión vén presentar o seu cuarto disco «North Star» onde as melodías fanse fortes e a voz ea elctrónica gañan importancia nas composicións
Frank é un dos activistas máis importantes da escena subterránea francesa que ten colaborado con Weasel Walter dos Flying Luttebachers ou compartido discos cos nosos queridos Les Aus e Lydia Lunch, sendo ademais a persoa que fundou e dirixe o fantástico selo Gaffer Records onde tirou discos de Ahleuchatistas, Don Vito, Staer, Mats Gustafsson ou Offonoff entre moitos outros proxectos.
http://www.sheikanorak.com/
http://sheikanorak.bandcamp.com/

Maxime Petit é un home pegado a un baixo. A el gústalle pensar que é un músico pop mais sempre remata facendo cousas raras.
Leva anos percorrendo Europa cos seus proxectos.
É baixista das bandas Louis Minus Seize e The Sommes Ensemble e da orquestra de Pascal Comelade.
Como improvisador ten tocado con Will Guthrie, Julien Desprez, Ava Mendoza, Daniel Carter, Shane Parish, Ron Anderson, Jasper Stadhouders, e unha morea máis.

maximepetit.com

Para os músicos podan seguir dando voltas e facendo marabillosas visitas pediremos unha axuda de entre 5 e 8 €