8 febrero 2015

Sheik Anorak



sheikanorak

Luns 9 de febreiro ás 20.30

¿Quen dixo que os luns son aburridos? Temos un bo plan preparado para vencer á preguiza

Chega ao Liceo Mutante no medio da súa xira o proxecto Sheik Anorak, baixo o que se agocha o francés Frank García.

Unha auténtica “one man band”, un home orquestra armado con guitarra, batería, pedais e loops cos que el so constrúe e deconstrúe a arquitectura, as capas, os ambientes e as texturas duns temas que se moven nun lugar fronteirizo onde o rock ruídoso linda co pop e a improvisación.

Os seus concertos poden ir dende cancións que nos lembran ao mellor indie rock de décadas pasadas até violentos ataques de guitarra e batería ligados á no wave.

Frank é un dos activistas máis importantes da escena subterránea francesa que ten colaborado con Weasel Walter dos Flying Luttebachers ou compartido discos cos nosos queridos Les Aus e Lydia Lunch, sendo ademais a persoa que fundou e dirixe o fantástico selo Gaffer Records onde tirou discos de Ahleuchatistas, Don Vito, Staer, Mats Gustafsson ou Offonoff entre moitos outros proxectos.

http://www.sheikanorak.com/
http://sheikanorak.bandcamp.com/

Pedírase unha axuda de 4 euros, destinada integramente ao músico.