Domingo 1º de maio ás 20.15
Ola mutantes. É aquí, cando a cousa ponse seria. O que temos para celebrar o día do traballador é algo gordo.
Dende Inglaterra veñen xuntiños os Sly and the Family Drone con Stef Ketteringham. Imos por partes.
Sly and the Family Drone. Dicir que son un grupo ó uso é faltar á verdade. Son unha auténtica experiencia. Os seus directos son algo imprevisible. Conducidos por unha base rítmica, aderezados con altas doses de electrónica-noise, ó resto é difícil de pronosticar, non hai dous directos iguais, basta botarlle unha ollada ós videos dos seus concertos. Promete ser unha experiencia única:
https://familydrone.bandcamp.com/
Por si esto fora pouco, temos a Stef Ketteringham para completar a noite. A él coñecémolo de cando a súa visita ó Liceo cos tristemente disoltos Shield Your Eyes, (inconmesurables).
Que se pode dicir de Stef, sáelle o flow por tódalas esquinas. É todo un bluesman cos dedos, un soulman coa gorxa, e todo él é un punkman nas súas maneiras. Mira e intenta controlar ese tremor irresistible na túa perna.
http://music.shieldyoureyes.com/track/divide-tour-demo
Máis claro, auga. Serán 5 € de donativo para os músicos. Xa sabes onde estamos. Moito amor mutante!
Publicacións recentes