28 marzo 2014

Sofy Major e Hombre Malo



1604797_610915415651168_1683334859_n

Sábado 29 de marzo ás 20.30

Brutalidade a cachón, wall of sound sen experimentos estranos ou fogos de artificio, a tralla sintetizada, o movemento de cabezas e a visceralidade…todo iso e máis nunha noite que pinta épica no Liceo Mutante.

Sábado 29 de Marzo, por 5 €, e comenzando ás 20:30 puntuais que teñen moito que contar.

«HOMBRE MALO
Cuarteto afincado en Oslo, Noruega composto por xente de bandas como The Sons of Saturn, Okkultokrati ou Ictvs. Sludge cru e potente que mestura perfectamente Metal, Stoner, Hardcore e Psicodelia. Pensa en Black Sabbath e The Melvins nunha versión hardcore e con actitude punk e poderás facerte unha idea. Frenéticos riffs de guitarra acompañados de ritmos teimudos e unha voz desgarrada. Todo iso, envolto nun poderoso e impactante directo que xa lles levou ao longo e ancho de toda Europa e a que os seus discos fosen editados por diferentes selos DIY do vello continente.

http://nooirax.bandcamp.com/album/desert-icons-hombre-malo-split
https://myspace.com/hombremalooslo
https://www.facebook.com/hombremalo666

SOFY MAJOR
Poderoso trío de Noise Rock metalizado de Clermont-Ferrand (Francia). Con varias referencias editadas e moitos concertos ás súas costas compartiron escenario con bandas como Kylesa ou Baroness. O seu ultimo LP, «Idolize», foi gravado a golpe de furacán Sandy en 2012 en Nova York, quedando os estudos onde gravaban completamente inundados e todo o backline da banda inutilizado.Unha experiencia de sacrificio e sufrimento que pagou a pena xa que deron un paso firme para consagrarse nun son que ben poderíase comparar ao de Unsane, Neurosis ou Helmet. Directo potente e sen contemplacións que nada ten que envexar ao das bandas anteriormente mencionadas.
http://www.sofymajor.com/
http://sofymajor.bandcamp.com/
https://www.facebook.com/sofymajor
http://www.youtube.com/watch?v=Nr4Wjqad3hc «