Sábado 28 de marzo ás 20.30: Sokram
Xa facía tempo que non programabamos algo de rap no Liceo Mutante, pero iso vai acabar porque teremos a SOKRAM con nós o sábado 28 deste mes.
SOKRAM é un creativo interdisciplinar: letrista, MC, escritor de graffiti, artista urbano, desenhador gráfico, ilustrador, muralista, fotógrafo. Membro (vocalista e artista visual) no colectivo hip hop DIOS KE TE CREW. Organizador e curator no festival internacional de arte urbana DESORDES CREATIVAS. Director artístico do estudio de desenho MUTANTE CREATIVO.
SOKRAM é unha das voces de peso en Dios Ke Te Crew e unha das personalidades máis prolíficas e irreverentes do famoso colectivo hip hop. Neste 2015 editou o seu primeiro Lp en solitario titulado “Chuvia Ácida”, nunha coidada edición especial de tirada limitada ( Vinilo 12″+Cd+Fancine 16 pax+ Donwload LP).
15 cortes cargados de Electrónica, Rock&Roll, Funk, Jazz, Hardcore.. Un disco ecléctico, fresco e reflexivo, irónico e divertido. Gravado e producido en Rapapoulo Estudios por MOU: beatmaker e productor de DKTC, que ademáis o acompaña nos seus directos aos coros e nos mandos da variopinta maquinaria coa que compoñen o set xunto cun terceiro implicado: SANTINO, versátil guitarrista de numerosos proxectos sonoros como Cona Yeyé, Lady Chatarra, Chicharo Psicótico ou DKTC…
Estas tres feras fusiónanse nun combo cun directo enérxico e arrollador, no que as letras brilantes e a versatilidade e potencia vocal de Sokram bailan á perfección cos ritmos e melodías secuenciadas e retorcidas pola alquimia das máquinas de Mou e cos camaleónicos sons das guitarras de Santino. Un live diferente e dinámico no que o Hip Hop viaxa por paraxes nas que Rap e Electrónica se contorsionan con Rock&Roll, copulan con Funk e Blues e se colocan ata o éxtase co Hardcore e a Psicodelia.
Escoita: http://sokram.bandcamp.com/
Video: https://www.youtube.com/watch?v=Em_ulUGDjto
Todo isto por 5€ íntegros para o artista. Comida e bebida, trato amigable. O de sempre onde sempre.