2 julio 2017

Spinifex



spinifex

Martes 4 de xullo ás 20.30

Fai máis ou menos un ano recibimos a primeira visita de Spinifex. Daquela estabamos emocionadas de que se achegasen ate o noso recunchiño; despois do concerto esta emoción transformouse en abraio, ledicia absoluta, todas as que nos achegamos ao Liceo naquela ocasión coincidimos na marabilla que acabamos de ver.
Pois ben, no medio dunha xira que os leva polos mellores festivais de jazz do país veciño, Spinifex voltan facer unha paradiña en Mollabao para deixarnos de novo coa boca aberta.
Votlan coa súa proposta libertaria, complexa e bastarda bebe tanto do jazz coma do punk, o math, o metal, a improvisación, o free , os ritmos da India, Turquía ou os balcáns.

Spinifex explora o contraste entre unhas estruturas irregulares moi axustadas e extensas improvisacións libres.
Coa súa temible combinación de músicos, a música de Spinifex mistura infecciosos grooves, dinámicas fortes e improvisacións desafiantes.

Con máis de dez anos de percorrido, as súas colaboracións con músicos indios no seu proxecto Bollycore, ou a súa orchestra Spinifex Maximus dan boa conta da audacia e traxectoria deste intrépido grupo. Nesta ocasión presentarase en formato sexteto co explosivo John Dikeman, (Cactus Truck, Universal Indians, etc…) no saxo tenor e Bart Maris na trompeta

news




Noite máxica por só un pequeno donativo entre 5 e 8 € dedicado integramente aos músicos.