29 mayo 2016

Spinifex



Spinifex 1

Martes 31 de maio áa 20.30

Atención amig@s!!!

É para nós un gran pracer anunciar a visita de Spinifex, unha das bandas máis notables e explosivas do panorama jazzístico holandés máis avanzado. Aínda que considerar a Spinifex como meramente un proxecto jazz é quedarse ben curto, xa que a súa proposta libertaria, complexa e bastarda bebe tanto do jazz coma do punk, o math, o metal, a improvisación, o free , os ritmos da India, Turquía ou os balcáns.

Spinifex explora o contraste entre unhas estructuras irregulares moi axustadas e extensas improvisacións libres.
Coa súa temible combinación de músicos, a música de Spinifex combina infecciosos grooves, dinámicas fortes e improvisacións desafiantes.

Con máis de dez anos de percorrido, as súas colaboracións con músicos indios no seu proxecto Bollycore, ou a súa orchestra Spinifex Maximus dan boa conta da audacia e traxectoria deste intrépido grupo.

http://www.spinifexmusic.nl/


Vén compartir con nós esta noite que apunta a histórica por só 5 euros.

Guardar