29 octubre 2019

Stef Ketterigham + Sly & the Family Drone



sly
stef

Venres 1 de novembro ás 20.30

Esquece todo o que sabes, isto é outra cosa, o que acontece pero non se espera e fai saltar todo o que sabías polos aires, por sorte.

Vamos por partes,
Sly & the Family Drone:
A anterior visita de Sly & Family Drone foi un dos concertos máis intensos, divertidos e fermosos que viron os nosos ollos en Mollabao. Non son un grupo ao uso e a súa formación muta como as serpes mudan de pel.
Os seus concertos son auténticas experiencias inmersivas, algo impredecíbel, libre e salvaxe. Nunca hai dous iguais!
Excitados ventos conviven con drones electrónicos, os amplis zumban, os circuítos botan chispas mentres a percusión choca e golpea
Textura e espazo equilibrados con disonancia e agresión, para montar na montaña rusa que crean os Sly.
Desta volta son un saxo barítono, baterías e electrónica como un taladro facendo buracos no ceo.

https://familydrone.bandcamp.com/
http://www.familydronenoise.life/

Así describíamos na súa anterior visita a Stef Ketteringham:
Non é fácil atopar as palabras axeitadas para definir a música de Stef. A nosa relación con el vén de vello, dos tempos no que revolucionou o susbsolo británico cos alucinantes Shield Your Eyes, o vehículo onde liberaba un intenso post- hardcore infestado de blues e cunha guitarras orixinalísimas que serían o seu sinal de identidade, dando forma a unha cancións que non sacabas da cabeza durante días.
O proxecto en solitario de Stef, comparte raíz coa súa antiga banda pero as pólas chegan moito máis lonxe, o achegamento blues segue aí, esas referencia a Rory Gallaguer ou a Hendrix, pero a súa personalísima forma de tocar a guitarra avanza e avanza até cuspir tornados que nos lembran xa a Bill Orcutt ou a un folk alucinado vido dende un futuro anterior.
Ver a Stef Ketteringham é toda unha experiencia, el só cunha chea de guitarras, unha percusión mínima e de repente, ás agochadas, todo estremece
https://romacpuncturerepairs.bandcamp.com/album/slip-diff-boogies
https://romacpuncturerepairs.bandcamp.com/album/guitar-arrangements-2016

Vén gozarlle por unha axuda entre 5 e 10 € para os músicos viaxeiros