Sábado 9 de xuño ás 20.30
Non é fácil atopar as palabras axeitadas para definir a música de Stef Ketteringham
A nosa relación con el vén de vello, dos tempos no que revolucionou o susbsolo británico cos alucinantes Shield Your Eyes, o vehículo onde liberaba un intenso post- hardcore infestado de blues e cunha guitarras orixinalísimas que serían o seu sinal de identidade, dando forma a unha cancións que non sacabas da cabeza durante días. Shield Your Eyes visitaron o Liceo no 2012 (aínda lembramos con cariño a Grella, o grupo que dous membros de diola montaran para a ocasión) e voláronnos a cabeza.
Este era o nível: https://www.youtube.com/watch?v=z7651hIeGD8
O proxecto en solitario de Stef, co que nos visita desta volta, comparte raíz coa súa antiga banda pero as pólas chegan moito máis lonxe, o achegamento blues segue aí, esas referencia a Rory Gallaguer ou a Hendrix, pero a súa personalísima forma de tocar a guitarra avanza e avanza até cuspir tornados que nos lembran xa a Bill Orcutt ou a un folk alucinado vido dende un futuro anterior.
Ver a Stef Ketteringham é toda unha experiencia, el só cunha chea de guitarras, unha percusión mínima e de repente, ás agochadas, todo estremece
http://music.shieldyoureyes.com/album/guitar-arrangements
https://crowversuscrow.bandcamp.com/album/more-guitar-arrangements
Coma sempre, precisaríamos dunha axuda de entre 5 e 8 € para axudar a cubrir os gastos do músico.