16 junio 2015

SUDOR



11200905_837165753026132_4948551105728623302_n [foto roubada de La pequeña Seattle]

Sábado 20 de xuño ás 21.00: SUDOR

OOOOOOOOOEEEEEEEEEEEEEEEEE!!!
Chegou o día! Por fin! Sudor no Liceo Mutante! Nós non somos ninguén para dicilo, pero moitos aseguran que é a mellor banda de punk do estado. A peñita de Maximum Rock’n’Roll flipa con eles e sempre os inclúe nas súas recopilacións do mellorciño do ano e esas caralladas. De feito, despois desta visita marchan a xirar por EEUU, que seica a xente tolea con eles. Aínda por riba, estamos ante unha oportunidade única para velos en Galicia, pois non é nada habitual que se acheguen por aquí.
Sudor fan punk rabioso, básico, con moi mala hostia pero con moita guasa. Sudor son un punteirolo, un furón na cara (doe a Dios, pero son risas tamén).
En palabras do noso gurú Jose Atomizador, que os ía acompañar tamén nesta viaxe pero que por motivos de saúde ten que quedar en Madrid, «asistir a una de sus tremendas actuaciones es recuperar de golpe y porrazo la fe en el punk y la chavalería».
Ademáis traen fresquiño o seu novo LP, «Enamorado de la muerte juvenil», un lapo na cara da frivolidade e hipocresía dos heroes do fake da Movida Madrileña.

Mirade de que vai o asunto:


https://www.youtube.com/watch?v=qPeJCxSL9SI
http://lafonoteca.net/grupos/sudor/

Veña! Xa hai plan para o sábado!
4€ de donativo para a banda.